jueves, 21 de enero de 2010

Solidariedade Internacional habilita dous números de conta para apoiar ao pobo haitiano ante a devastación causada polo terremoto en Haití


Estimados compañeiros e compañeiras:

Ás 21:53 hora española de onte día 12, produciuse un sismo de 7,3 graos na escala Richter con epicentro a 15 quilómetros da capital Porto Príncipe. O terremoto afectou gravemente ao país caribeño, o más pobre de América Latina. Aínda non hai cifras oficiais de vítimas, xa que as comunicacións co país están bloqueadas, pero as últimas noticias falan de miles de vítimas e dun número sen determinar de desaparecidos.

O Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación español confirmou o envío urxente de axuda humanitaria desde Panamá, onde a Cooperación española dispón dunha base loxística, e desde España.

Debido ao mal estado en que quedaron as comunicacións, Exteriores non puido confirmar a ausencia de vítimas entre a poboación española residente no país.
Solidariedade Internacional, pola súa parte, si confirmou que o seu persoal no terreo se encontra ben.

Solidariedade Internacional ten presenza en Haití desde 2004 e actualmente está a promover accións para o desenvolvemento das poboacións rurais do Sueste de Haití.
Solidariedade Internacional, canda as súas entidades socias locais (CROSE, ABCAB e ATEPASE), trata de mellorar as condicións de vida dos e as pequenas produtores/as agropecuarios.

Nestes momentos Solidariedade Internacional en Haití comezou a avaliar os danos causados polos sismos para atender as necesidades básicas da poboación e habilitou dous números de conta para recoller fondos destinados a apoiar as labores de emerxencia.

Agardamos contar coa vosa axuda. Os números de conta para facer os ingresos son os seguintes:

Banco Santander
Titular: Solidaridad Internacional
Conta nº 0049-0001-54-2210042242

Caja Madrid
Titular: Solidaridad Internacional
Conta nº 2038-1001-37-6000888882

No hay comentarios: