jueves, 14 de enero de 2010
O COLECTIVO DE GAIS E LESBIANAS “COLEGAS” ÚNENSE A PETICIÓN DOS ANTIARBOTISTAS PARA QUE O REI NON ASINE A LEI DO ABORTO.
O Colectivo de Lesbianas, Gais, Bisexuais e Transexuais (COLEGA) de Castela-A Mancha, enviou a http://www.majestadnofirme.com/ a súa adhesión, a través do seu presidente Guillermo Rodríguez del Valls. As razóns que desde este colectivo se ofreceron ao Rei para argumentar a súa adhesión son firmes: a lei do aborto impulsada polo Goberno supera todos os límites non só da legalidade reflectida nos grandes textos internacionais de Dereitos Humanos, senón que en si mesma consagra e permite un atentado contra a vida humana que ademais é un atentado contra a propia dignidade da muller. O presidente do colectivo, Guillermo Rodríguez, quixo deixar moi claro tamén que a súa adhesión representa á asociación de Castela-A Mancha. Este apoio é especialmente significativo desde o momento en que vén demostrar que a defensa da vida humana está á marxe e moi por riba doutras cuestións de tipo partidista e mesmo confesional. Trátase de algo que atinxe a todas as sensibilidades, crenzas e ideoloxías, o que vén reforzar a necesidade de que o Rei atenda esta petición."
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario